Home

Blog

20180611-quintetoventos

Estreamos música coa Gaos

No hay comentarios Noticias Orquesta

A Orquestra Gaos ten, desde o seu nacemento, un compromiso cos novos músicos da nosa terra. Galiza foi sempre berce de emigrantes; a Gaos busca darlles aos nosos músicos oportunidades no seu propio lar.

Se este compromiso se materializa programa tras programa cos compoñentes da orquestra, desta volta exténdese tamén aos que se encargan de escribir a música que escoitamos. E así, os rapaces e rapazas da Gaos darán vida, en dous concertos, a unha obra do compositor galego Federico Mosquera: a estrea absoluta do seu Concerto para Orquestra e Quinteto de Ventos.

O Concerto de Federico Mosquera virá acompañado polo Páxaro de Lume de Igor Stravinski. Poderédelo escoitar os seguintes días:

  • O xoves, 28 de xuño, ás 20:30, no Pazo da Ópera da Coruña.
  • O venres, 29 de xuño, ás 20:30, no Auditorio Abanca, en Santiago de Compostela.

O concerto contará co Quinteto Invento, acompañado pola Orquestra Gaos, todos eles dirixidos por Fernando Briones. Ambos son de balde até completar aforo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR