O Coro Gaos viaxa até Vilalba para pechar a súa temporada ofrecendo un concerto con repertorio a capella. É un programa moi variado, con obras de Sandström, Bach, Mendelssohn, Gjeilo, Whitacre o Julio Domínguez, entre moitos máis.
O concerto, organizado coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Vilalba e a Unidade Pastoral Santa María, terá lugar na Igrexa de Santa María, o 17 de xuño ás 20.30 horas.
A entrada é de balde até completar aforo.