Home

Blog

20180615-portasabertas

Xornada de portas abertas

No hay comentarios Coro Noticias Sin categoría

Agora que remata o curso escolar e moitos de vós quizais deixades algo do estrés gardado nun caixón durante o verán, por que non vos animades a botar unhas cancións?

Se vos gusta a música, desde o Coro Gaos querémosvos invitar á xornada de portas abertas que faremos o sábado 30 de xuño ás 18 horas, no noso local da Avenida de Navarra (nº 43, baixo). Podedes vir libremente, cantar con nós e pasar un bo rato. E despois de perderlle o medo a isto de cantar, seguro que moitos de vós vos animades a presentarvos á selección de voces que imos facer o 15 de setembro.

Para organizar mellor a xornada de portas abertas, pregámosvos que nos avisedes da vosa asistencia cubrindo o seguinte formulario:

Formulario de inscrición para a xornada de portas abertas.

Se tendes calquera dúbida sobre as probas ou problemas co formulario, non dubidedes en escribirnos a [email protected]  e vos respostaremos á maior brevidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR