Remata unha nova tempada de ópera. O Coro Gaos, durante quince días un habitante máis do Pazo da Ópera da Coruña, colga os traxes nas perchas dos camerinos. Bocatas, maquillaxe, caras coñecidas (Luis, mestre rexidor, es para nós sinónimo de escena), e outras novas, como o mestre Allemandi, parente de Zedda, a quen tanto botamos de menos no foso.
A partitura é a de “Il Pirata”, de Vinzenzo Bellini. Ocúpanse dela Saioa Hernández, Juan Jesús Rodríguez, Yosef Khan, Carmen Subrido de Pablo Carballido, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. A dirección musical encárgase a Antonello Allemandi, e a escénica a Xosé Manuel Rabón.
E a pesar do cansazo, xa non vemos o momento de volver poñernos os traxes da seguinte…