Un ano máis o Coro Gaos viaxa á cidade de Burgos para participar no Gran Premio Nacional de Canto Coral, que este ano se celebra na cidade castelá.
Para os do Gaos sempre é un pracer pasar un fin de semana cantando entre coros de primeiro nivel nunha cidade tan acolledora como a capital castelá, onde ademáis xa tivemos a honra de gañar o primeiro premio no concurso “Antonio José” no ano 2014. Todo son argumentos a favor de tentar reeditar aquel logro, mais esta vez no Gran Premio Nacional, e aínda que sabemos da grande calidade que nos imos atopar en Burgos (canda nós participan o Grupo de Cámara Ainur de As Palmas de Gran Canaria, o Joven Coro da Orquesta Ciudad de Granada, o Coro Ciudad de Granada e Mistura Vocal de Vigo), a nosa ilusión non é menor. De xeito que… Imos a por todas!