Tempus fugit. Sen case decartarnos, alá van xa dez anos desde que nos embarcamos nesta apaixoante travesía, na que tantos e tantos músicos nos teñen acompañado.
Como non podía ser doutro xeito, queremos poñerlle música a este aniversario cun programa con acento americano: co célebre Concerto para violoncello de Antonín Dvořák, escrito ao final da súa estadía en Nova York, e dúas obras de Gerswin: a Obertura cubana e Un americano en París.
Actuará como solista Iván Siso, e como mestre de ceremonias Fernando Briones.
O concerto terá lugar no Teatro Colón da Coruña o domingo 30 de xuño, ás 20:30 horas. As entradas poden adquirise no kiosco da Praza de Ourense (en horario de a venres -agás festivos- de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h), na taquilla do Teatro Colón (unha hora antes do concerto), por televenda no teléfono 902 044 226 ou en Ticketea.