O sábado 28 de setembro ás 11 da mañá o coro Gaos abre as portas do seu novo local de ensaios (en El Laboratorio, no Centro Comercial Espacio Coruña), celebrando probas de selección de voces para todos aqueles que teñades ganas de vos incorporar ao noso proxecto coral.
Para optar ás prazas que se abren nos tres coros (Coro Gaos, Minigaos e Coro Gaos Xove), tendes que interpretar unha peza musical (canción, lied ou aria), ben a cappella ou ben con acompañamento de piano. Neste último caso, deberedes traer unha copia da partitura co acompañamento.
Se vos animades a facer a proba, agradecerémosvos que cubrades este formulario. Unha vez recibida a solicitude, poñerémonos en contacto convosco.
E se tendes calquera dúbida podedes escribirnos a [email protected]
Moita sorte!