Foron tantas horas de viaxe que nin as contamos. Pero mereceu a pena. Participar na 51 edición do Certame Coral de Tolosa, un dos premios internacionais máis prestixiosos do mundo coral, xunto a algúns dos mellores coros do mundo, compensa as horas de bus, o sono cambiado e a choiva que nos acompañou case todos os días na tan fermosa terra euskaldun.
Foi unha aprendizaxe en moitos sentidos: a nivel persoal, a nivel coral, a nivel de xestión, como montar unha coreografía “para onte”, etcétera. Eses son os maiores premios que nos levamos. Os oficiais, quen sabe se nun futuro…