A Orquesta Gaos, en colaboración con Amigos da Ópera da Coruña levan ao escenario do auditorio do Ágora unha homenaxe a Leonard Bernstein e ao tenor Miguel Fleta cun programa con algunhas das obras máis famosas da historia da música: West side story, Candide, La Bohème, Turandot, Pagliacci, El Caserío, Marina… E que mellor forma que facelo co tenor canario Francisco Corujo e a colaboración da soprano Ruth Terán. Todos eles da man do noso director Fernando Briones.
O concerto, inscrito dentro da programación do ciclo de Lírica Inclusiva, ten lugar o día 2 de novembro ás 20 e a entrada é de balde até completar o aforo do recinto.